Nesta ocasión debemos aledarnos, xa que contaremos con representación galega no evento. Dende AGFA, unha vez máis apostando polo flag feminino e o seu desenrolo, creouse a “Selección Galega 2019”.
A selección buscou xuntar ás mellores xogadoras da comunidade para o evento, sendo finalmente a lista de convocadas a seguinte:
Eva López
Laura González
Loreto García
Mónica Carballo
Estefany Morales
Carla Cebreiro
África Manteiga
Belén Crespo
Tania Nogareda
Mª del Carmen García
Nos campos Iker Casillas de Móstoles daranse cita xogadores de toda a xeografía ibérica para competir por volver a casa co prezado trofeo.
O afán de superación dos organizadores do evento, en colaboración con entidades públicas e federacións, é unha garantía de éxito e un impulso ó flag football que chega dende Móstoles para toda a península.
Dende a redacción de noticias de AGFA queremos desexarlle moita sorte as nosas rapazas e que o transcurso do evento sexa con normalidade, sen lesións, con ilusión e dando moito, moito espectáculo.